A Valedora do Pobo esixe á Xunta un informe sobre as garantías ofrecidas para facer efectiva a externalización do aborto

A Valedora do Pobo confirmoulle a Comisións Obreiras de Galicia a admisión a trámite da súa denuncia sobre a externalización das interrupcións voluntarias do embarazo (IVE) por parte do Sergas. Así o informou o sindicato nun comunicado, no que a secretaria xeral do sindicato, Amelia Pérez, tachou de "intolerable" que a Xunta "xustifique a medida nunha suposta falta de recursos, tanto materiais como humanos" e esíxelle cambios nas súas políticas para "garantir que as mulleres poidan exercer este dereito nos hospitais públicos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2023 | Actualizada ás 14:26

Comparte esta noticia

A Valedora do Pobo confirmoulle a Comisións Obreiras de Galicia a admisión a trámite da súa denuncia sobre a externalización das interrupcións voluntarias do embarazo (IVE) por parte do Sergas. Así o informou o sindicato nun comunicado, no que a secretaria xeral do sindicato, Amelia Pérez, tachou de "intolerable" que a Xunta "xustifique a medida nunha suposta falta de recursos, tanto materiais como humanos" e esíxelle cambios nas súas políticas para "garantir que as mulleres poidan exercer este dereito nos hospitais públicos".

Segundo detallan, a valedora outorga á Consellería de Sanidade 15 días para que lle remita un informe sobre as garantías ofrecidas pola Administración sanitaria "para facer efectiva a prestación da interrupción voluntaria do embarazo, atendendo ao disposto na lei, que recolle que a IVE realizarase en centros da rede sanitaria pública ou vinculados a ela".

Indican ademais que a valedora matiza que o informe se debe remitir "considerando" a sentenza do Tribunal Constitucional de xullo de 2023, pola que a IVE débese realizar "da forma menos gravosa para a muller, tratando de evitar desprazamentos e de garantir, na medida do posible, que a muller non saia da súa contorna habitual e poida contar cos apoios dos seus achegados".

Na súa denuncia, o sindicato destaca o "recoñecemento expreso" no prego no que se licita a externalización do servizo da "suposta imposibilidade de que os servizos sanitarios públicos do Sergas poidan prestar dita asistencia cos recursos humanos, materiais e de infraestrutura cos que conta na actualidade". Esta afirmación, aseguran, é contraria ao establecido na Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, que establece o dereito das mulleres ao aborto "en todos os supostos contemplados pola normativa vixente de aplicación".

Un bebé de poucos días de idade colle o dedo da súa nai
Un bebé de poucos días de idade colle o dedo da súa nai | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta