A Xunta recibe 12 ofertas para a senda de acceso ao CHUS desde o novo itinerario entre O Milladorio e a intermodal

Con esta actuación, que suporá un investimento de case un millón de euros, habilitarán un itinerario de 1.130 metros que permitirá a circulación de peóns, ciclistas non deportivos e vehículos de mobilidade persoal no eixo Conxo-Hospital Clínico.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/09/2023 | Actualizada ás 14:27

Comparte esta noticia

A Xunta recibiu 12 ofertas de empresas para executar as obras da senda de acceso ao Hospital Clínico Universitario de Santiago desde o novo itinerario entre O Milladoiro e a estación intermodal. Con esta actuación, que suporá un investimento de case un millón de euros, habilitarán un itinerario de 1.130 metros que permitirá a circulación de peóns, ciclistas non deportivos e vehículos de mobilidade persoal no eixo Conxo-Hospital Clínico.

Segundo informou o Executivo galego, esta é a súa terceira actuación no marco da creación dun novo itinerario que conectará O Millodoiro, o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, a intermodal e o complexo administrativo de San Caetano. O que sumará case 13 quilómetros que suporán un investimento de case 12 millóns de euros. En concreto, os dous primeiros tramos correspóndense coa conexión entre O Milladoiro e a estación intermodal e o segundo, co itinerario desde a rúa Clara Campoamor, na estación intermodal, ata San Caetano. A previsión é iniciar este ano os traballos da nova senda, cun prazo de execución de 18 meses, en coordinación coas do itinerario entre a estación intermodal e o complexo administrativo de San Caetano, cun prazo de execución de 15 meses.

CHUS, Hospital Clínico de Santiago
CHUS, Hospital Clínico de Santiago | Fonte: Sergas - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta