Por E.P. | | 20/09/2023 | Actualizada ás 18:52
A Policía Nacional detivo a varias persoas en municipios de Ferrolterra durante a realización dun operativo contra o tráfico de sustancias estupefacientes, que tamén se desenvolveu este mércores en localidades do Salnés. Desde primeira hora da mañá, os axentes efectuaron arrestos e incautáronse de droga, intervida en negocios e vivendas particulares.
Segundo fontes consultadas por Europa Press, os rexistros realizáronse de maneira simultánea por axentes dos corpos e forzas de seguridade do Estado e estaría tutelada polo Xulgado de Instrución número 1 de Ferrol. Estas fontes sinalan que as localidades da comarca ferrolá onde se desenvolve a operación son Narón, Miño, Fene e Pontedeume.
Nesta última foron detidas varias persoas e incautáronse distintas cantidades de cocaína. Nunha das vivendas, os seus ocupantes arroxaron á rúa varios paquetes que supostamente contiñan droga e que foron recollidos máis tarde por axentes da Policía Nacional. Ademais de en vivendas, tamén se han producidod arrestos en negocios de hostalaría. A operación continúa aberta e non se descartan máis arrestos e aprehensións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.