Continúa aberto o prazo para matricularse no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2023 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

O prazo para matricularse nos graos medios do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, no concello lucense de Ribadeo, continúa aberto. Segundo informou a Xunta, o centro oferta os ciclos de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural e de Produción Agroecolóxica.

O primeiro céntrase en cuestións silvícolas, como as instalacións forestais ou a sanidade vexetal. Ademais, imparten materias relacionadas coa conservación de especies cinexéticas e piscícolas, así como as nocións necesarias sobre control fitosanitario.

Pola súa banda, os estudantes de Produción Agroecolóxica focalizarán os seus estudos en fundamentos agronómicos e zootécnicos, a implantación de cultivos ecolóxicos e en principios de sanidade vexetal.

Ademais, recibirán coñecementos sobre infraestruturas e instalacións agrícolas, así como en produción gandeira e vexetal de forma ecolóxica. Estes ciclos forman parte da modalidade de FP Dual, polo que os estudantes poderán recibir formación teórica no centro educativo e ao mesmo tempo pola en práctica nun centro de traballo.

A Xunta promove a cría de porco celta en ecolóxico na aldea modelo de Moreda en Folgoso do Courel (Lugo). XUNTA
A Xunta promove a cría de porco celta en ecolóxico na aldea modelo de Moreda en Folgoso do Courel (Lugo). XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta