"O vran de san Mighel marcha coma o mel, e o de san Martiño é máis pequeniño"

Unha dorsal anticiclónica trae altas temperaturas esta semana a Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/09/2023 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O verán de San Miguel está asociado sempre a boas temperaturas e marca o inicio do outono astronómico. E, como marca a tradición este ano non é unha excepción. De feito, hai un bloqueo anticiclónico que se espera que dure até principios de outubro, deixando as frontes e as borrascas circulando en latitudes máis altas.

Masa de áire cálido durante o verán de San Miguel
Masa de áire cálido durante o verán de San Miguel | Fonte: Meteored

Unha dorsal anticiclónica é unha extensa área de alta presión atmosférica que se caracteriza por unha configuración en forma de crista ou lombo na distribución das isobaras, que adoptan unha forma de 'O' investida, en contraposición ás vaguadas. Trátase dunha disposición atmosférica habitual, pero agora chegan máis fortalecidas e con maior regularidade, moi probablemente, polo quecemento global.

 

Por iso, a semana comezou con temperaturas máis altas do normal para esta época do ano, rozando os 30º nalgúns puntos de Galicia. O mércores unha fronte rozará o extremo setentrional, pero manterase o tempo estable e as temperaturas máximas seguirán en ascenso na metade norte peninsular.

O xoves chega unha pequena fronte ao oeste de Galicia pero as temperaturas seguirán altas. O venres en principio non choverá en ningún lugar da Península. As temperaturas seguirán escalando en todo o país, principalmente na vertente atlántica. 

FIN DE SEMANA MOI CÁLIDO

Tal e como o afirma Samuel Biener, experto de Meteored, a fin de semana, o ambiente será estable e caloroso e mesmo poderanse alcanzar temperaturas marca en outubro. Isto virá avalado pola dorsal anticiclónica e unha masa de aire subtropical que deixará temperaturas extremas para esta época do ano en España, desde a superficie até os 5500 metros de altitude, polo menos. Toda esa "columna cálidad" alentará a subida do mercurio nas horas centrais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta