Fiscalía pide cinco anos para un acusado de abusar dunha menor coa que tiña relación familiar

Por E.P. | A CORUÑA | 27/09/2023 | Actualizada ás 11:54

Comparte esta noticia

O Ministerio Público pide cinco anos e seis meses de prisión para un home acusado de abusar sexualmente, de forma continuada e sen acceso carnal, dunha menor de 16 anos coa que tiña unha "relación familiar".

Así o informou Fiscalía en relación a un xuízo fixado para este mércores na sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, e cuxa celebración se acordou fose a porta pechada para preservar o dereito á intimidade da vítima.

Polos feitos que se imputan ao home, e ante os que a defensa solicita a absolución por considerar que non están "acreditados os feitos", o Ministerio Público considera que debe imporse ao acusado a prohibición de aproximarse á menor ao seu domicilio e lugar de traballo a unha distancia non inferior a 500 metros, así como a de comunicarse con ela en oito anos.

Tamén expón, no seu escrito de cualificación, unha indemnización á vítima con 24.000 euros polas secuelas e os danos morais causados. Os feitos tiveron lugar nun domicilio no que ambos convivían en ocasións no partido xudicial de Carballo durante o verán de 2018, precisa o Ministerio Público.

Sala para xuízos con tribunal do xurado na Audiencia da Coruña
Sala para xuízos con tribunal do xurado na Audiencia da Coruña | Fonte: TSXG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta