O PSdeG denuncia por "ameazas" ao candidato do BNG en Ponteareas

A xornada de reflexión en Ponteares veuse interrumpida pola denuncia xudicial do PSdeG contra Xosé Represas. Segundo un comunicado remitido aos medios, os socialistas aseguran que o cabeza de cartel do BNG neste concello presentouse en atitude "intimidatoria" canda outros miiltantes nacionalistas fronte ao fogar do candidato socialista Diego Mo Groba.

Por Galicia Confidencial | Ponteareas | 23/05/2015 | Actualizada ás 16:18

Comparte esta noticia

O BNG de Ponteareas non respondeu polo de agora a denuncia xudicial dos socialistas, anunciada este mediodía.

Diego Mo nunha imaxe do seu Linkedin
Diego Mo nunha imaxe do seu Linkedin

De acordo a versión do PSdeG, os militantes do Bloque estarían enfadados con Mo -un estudante de 23 anos- por colgar panfletos nos que se acusa a Represas de ter comercializado preferentes das antigas caixas.

Os socialistas admiten que ninguén berrou nada contra o seu candidato, nin se fixo nada máis que concentrarse diante da vivenda. Con todo, cualifican de "fascista" a suposta conducta "acosadora" e "desafiante" dos membros do BNG en plena xornada de reflexión, polo que din levarán o asunto aos xulgados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta