Xosé Crespo perde a maioría absoluta en Lalín tras 25 anos

Rafael Cuíña, fillo de Xosé Cuíña, podería ser alcalde se o resto dos partidos da esquerda o apoian.

Por Galicia Confidencial | Lalín | 24/05/2015 | Actualizada ás 23:26

Comparte esta noticia

Xosé Crespo levaba 25 anos de alcalde ininterrumpidamente en Lalín colleitando anto tras ano maiorías absolutas. Unha alcaldía que lle deixou Xosé Cuíña, quen chegou a ser número dous do PP e mesmo delfín de Fraga. E na sétima lexislatura foi o seu fillo, Rafael Cuíña, quen con seis concelleiros, lle quitou esa maioría que lle deixara o pai.

Rafael Cuíña, líder de CxG en Pontevedra
Rafael Cuíña, líder de CxG en Pontevedra

Haberá que agardar se o resto dos partidos; PSdeG, BNG, e APAC (Agrupación de Electores e Electoras Plataforma Aberta) apoian a Cuíña para darlle a alcaldía e apear do consistorio a Xosé Crespo.

E que o panorama político en Lalín quedou fragmentado. O PP acadou dez, Compromiso por Galicia, seis; o PseG, tres; APA, un e o BNG, outro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

3 Okupa de Lalín

Rafa: espero que nos deixes a mansión para poder organizar as nosas asembleas e así darche o noso apoio. Sitio non creo que che falte

2 JOSE

Por fin, crespo para casa xa

1 Columnista

Parabéns, Rafa! Quizais a alcaldía máis importante da Historia recente de Galiza se sabe xogar as súas cartas e conquistar o voto galeguista de centro-dereita. Ao tempo.