O condutor do atropelo mortal a un home en Santiago enviado a prisión provisional sen fianza

O condutor, de 30 anos e veciño de Teo, está investigado por un delito de asasinato ou homicido ou subsidiariamente un homicidio imprudente e omisión de deber de socorro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2023 | Actualizada ás 13:38

Comparte esta noticia

O xulgado de instrución número 1 de Santiago ordenou este xoves o ingreso en prisión provisional sen fianza para o home que manexaba o coche que atropelou mortalmente a un home de 59 anos na madrugada do pasado martes en Santiago de Compostela.

O condutor, de 30 anos e veciño de Teo, está investigado por un delito de asasinato ou homicido --o que deberá ser determinado ao longo da instrución-- ou subsidiariamente un homicidio imprudente e omisión de deber de socorro.

Tamén pasou a disposición xudicial na mañá deste xoves a muller de 27 anos que viaxaba como copiloto no Mercedes que arroiou a J.S.S. minutos antes das 06,00 horas do martes na rúa Poza Real de Arriba do compostelán barrio de Conxo.

Para ela, o xuíz decretou a posta en liberdade coa obrigatoriedade de comparecer quincenalmente nos xulgados. Deste xeito, esclarécese que o detido era quen pilotaba o vehículo que emprendeu a fuga tras arroiar á vítima, veciño da zona e que se atopaba paseando xunto ao seu can.

Máis tarde, o home púxose en contacto coa Garda Civil para informar o ocorrido, o que derivou no seu arresto e no da muller que o acompañaba. A posible intencionalidade do atropelo era a principal hipótese manexada polos investigadores da Policía Nacional de Santiago desde un primeiro momento.

Esta liña de investigación sostíñase na análise do lugar dos feitos, onde o coche non deixou marcas de freada antes de subirse co catro rodas á beirarrúa pola que camiñaba a vítima. Despois de prestar declaración o mércores en depedencias policiais, os arrestados foron trasladados na mañá deste xoves aos xulgados santiagueses.

Agora, o xulgado de instrución número 1 de Santiago decide continuar coa causa ante os indicios que apuntan á posibilidade de que o atropelo sexa constitutivo dun delito de asasinato ou homicidio, ao apreciar que a saída da estrada para arroiar ao peón produciuse de forma consciente.

Xulgados de Santiago de Compostela / Europa Press / Europa Press
Xulgados de Santiago de Compostela / Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta