O BNG dá por bos os resultados

A Executiva remite un escrito aos militantes nos que destaca que os resultados “superan os obxectivos cuantificados fixados polo Consello Nacional” e que serán "decisivos" en tres deputacións. Con todo, recoñecen dificultades no entorno urbano.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 26/05/2015 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Os resultados obtidos superan, no fundamental, os obxectivos cuantitativos fixados polo Consello Nacional na súa reunión do 14 de marzo de 2015, en que, por unanimidade, acordaba tomar como referencia, para a súa mellora, os resultados das eleccións ao Parlamento da Galiza de 2012 (145.389 votos e unha porcentaxe do 10,16%), por marcar os ciclos políticos no noso país, e ser -o das autonómicas- o proceso electoral en que tradicionalmente o BNG obtén os mellores resultados”.

Executiva do BNG
Executiva do BNG | Fonte: bng-galiza.org

Esta é unha das explicacións que a Executiva Nacional do BNG lle remitiu aos seus militantes nunha circular á que tivo acceso Galicia Confidencial e que consta de sete puntos. Así, neste comunicado,  a dirección nacionalistas destaca que o proceso electoral “confirma que o pobo galego existe, tamén cun mapa político específico, e cunha expresión política propia: o BNG-Asembleas Abertas”.

Deste xeito, suliña que o nacionalismo galego segue sendo “un axente político significativo e imprescindíbel na Galiza”. “É o único elemento que permite confirmar a existencia dun mapa político propio, galego e diferenciado fronte ao resto do Estado”, asegura.

O BNG-Asembleas Abertas obtivo 189.106 votos e un total de 468 concelleiras e concelleiros, cunha porcentaxe do 12'9%. Uns datos inferiores aos obtidos hai catro anos pero que garante tamén a súa presenza nas catro deputacións provinciais. “En tres delas de xeito decisivo”, indica sobre as deputacións de Lugo, Pontevedra e A Coruña, onde podería co-gobernar. 

Por iso, avanza que a posición de voto na conformación das novas corporacións locais “será contrastada colectivamente, contando cos criterios local, comarcal e nacional, sen pactos nacionais mecánicos ou a calquera prezo, como ten previamente avaliado o Consello Nacional”.

“Con estes resultados, o BNG consolida posicións e recupera claramente o papel de terceira forza política no noso país”, recolle este escrito. Esta formación gañou alcaldías con maioría absoluta en 13 concellos (Allariz, Bueu, Castrelo de Miño, Ribadeo, Vimianzo, Zas, A Pobra de Brollón, Carballo, Carnota, Mazaricos, Moeche, San Sadurniño e Tomiño) e tivo alcaldías con maioría en Pontevedra, Poio, Rianxo e Santiso. Tamén ten “probabilidade aritmética de obtención de alcaldías” en, cando menos, Moaña, As Neves, Barro, Ponteareas, Fene, Muras, Viana do Bolo, A Mezquita, Pontecesures e Baños de Molgas.

Sen embargo, os nacionalistas tamén recoñecen que os resultados, “sendo dignos, non son satisfactorios para nós”, especialmente, polo resultado das grandes cidades, agás Pontevedra. “Aínda tendo presente o feito de as cidades representar o 35% do censo electoral -existindo por tanto outro 65% da poboación que habita noutros concellos- somos conscientes da súa importancia cualitativa. Lamentamos, en concreto, a perda de representación en Vigo e Ourense. Esta realidade confirma a necesidade de mellorarmos os métodos de traballo político, especialmente nos espazos urbanos”, apunta.

A Executiva nacionalista volve destacar, novamente, o traballo realizado pola súa militancia que foi, di, “clave” para “superar as limitacións dunha campaña en inferioridade de condicións a outras formacións que tiveron en algúns medios de comunicación bos valedores á hora de conformar tendencias de voto”.

“Finalmente, queremos trasladar unha mensaxe de ánimo e fortaleza. Fixemos unha campaña digna, de popularización da alternativa nacionalista para os concellos, nun contexto ben difícil, determinado pola preponderancia de dinámicas españolas á hora de condicionar o comportamento electoral do noso pobo. E todo isto coas nosas propias mans, coa forza da militancia e das mulleres e homes que acreditamos e defendemos unha Galiza soberana. Ese é o noso maior orgullo”, remata o escrito.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 62 comentarios

33 agora vades e o PPsoades

Bó resultado do BNG, amosando que donde tiveron mayoría gobernante convencen e repiten xeralmente. Doutra banda hai algo clariño: donde non aparecen as verbas "comunismo", "nacionalismo" nin "independentismo" a xente fía ainda que non saiba o que vai pasar. Está claro que as "mareas" aproveitaron a inorancia e cabreo da xente, coidando de non mentar esas verbas antes ditas. Está por ver o que farán, logo de catro anos "podemos" comparar: se fan de Coruña a mitade do que se fixo de Pontevedra será positivo. Para escomezar, en Coruña teñen un local que se esta a empregar para touradas, ese local non está en máns privadas como no caso de Pontevedra; a ver o que fan con él e a ver se podemos eliminar esa vergoña de Coruña.

32 un de Cambados

Pero onde están os trolls?, pero quen vive só para acabar co BNG?, pero non tedes outra cousa que facer?. Só con mirar os case 60 "comentarios" que ten esta noticia e calquera outra só 10, dí moito deste medio. Descansade un pouco. O BNG non vai morrer nunca

31 O grilo

Sobra unto!!!. Ainda sobran os do Quin, os do Aimeric, un fato de alcaldes e alcaldesas traidores. E algún touciño máis!!!.. Os resultados é por ahi ainda, por onde non son os resultados satisfactorios. Hai que traer outra vez aquela exposición tan importante e que tantos beneficios rendiu dos coreanos do norte. Onde quedan as esencias!!!

30 Imoscuantitativamenteben

Non hai que desprezar aos aprox. 190.000 votantes do BNG entre os cales hai ademais moita militancia que pode artellar as organizacións nacionais no país; agora ben, tampouco hai que pechar os ollos á realidade. Hai que constatar a realidade material tal cal é e non partir dunha realidade virtual, senón malamente vaise corrixir, pois o punto de partida é que "todo vai ben". Tristemente, parece que compartimos análise con Rajoy, ao igual ca el diante dos resultados, parece que todo vai ben, ...superamos os obxectivos cuantitativos...

1 quitin

190000 votos, de Bueu, Vimianzo, Ribadeo, Mondoñedo, A Mezquita, Viana, Baños de Molgas, Tomiño... e tamen Pontevedra, Allariz e Santiago (caras amábeis da U), u-lo unto e u-lo músculo???

29 comunista independentista

O BNG é o negocio redondo dos Rodríguez, Lobeira, Villar, Pontón, Mera, Nogueira, Prado, Aboi, Alcántara, Vence, Lores,... que viven a corpo de rei a costa dunha militancia e dunhas bases inxenuas, sacrificadas e fanatizadas fanatizadas. Normal a ausencia total de autocrítica.

1 Independentista Comunista

Mr. Chovi, a corpo de rei vive e viviu a momia-vivente Ferrín, a filla e xenro que enchufou na Real Academia (e outros noutros diversos chiringos editoriais), a panda de vividores-intelectuais con nulo traballo social ao redor del, os liberados dun micro-sindicato, a iniciar polo seu secretario xeral que non tiveron nunca traballo coñecido e manteñen a marca baixo discutíbeis criterios ideolóxicos, que constitúen en conxunto os "fogos de artificio" aos que tan correctamente te referías nun artigo que escribiches contra Syriza xusto antes de entrar nela, pois hai que lembrar que antes de tal prodixio sacaches como cabeza de lista da FPG uns tristes 567 votos (Sinaí style). Pero cando menos, daquela defendiades o voso programa, agora xa non se sabe ben que defendedes, da irrelevancia sectaria ao universalismo abstracto. Bravo, chaval!