Fitur recoñece a sustentabilidade e os trens turísticos de Galicia entre as mellores inciativas

A organización de Fitur tivo en conta a aposta de Galicia pola accesibilidade turística, neste caso por contar con intérpretes de linguaxe de signos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2023 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

A aposta de Galicia pola sustentabilidade na Feira Internacional de Turismo Fitur 2023 e o programa de trens turísticos que desde hai anos impulsa a Xunta para promover as viaxes en tren e as visitas a lugares especiais da xeografía galega, foron recoñecidos esta semana co seu respectivo premio pola súa contribución a un turismo máis sustentable e responsable.

Por unha banda, o expositor que a Xunta de Galicia levou o pasado mes de xaneiro á edición da Feira Internacional de Turismo Fitur 2023, recibiu en Madrid o premio a Caseta Sustentable, un recoñecemento outorgado pola organización da feira en colaboración do Instituto de Turismo Responsable, que premia o esforzo por facer que a súa presenza en Fitur estea aliñada cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas.

A proposta, coa que o Goberno autonómico trasladou a súa idea de sustentabilidade turística en destino ao expositor foi valorada polo seu apoio ao emprendimiento artesán e á recuperación de tradicións, ao contar cun taller de ourives de prata e azabache e promover a música e danza galega con actuacións musicais de Ascariz e Fran Sieira Compañía de Danza.

A organización de Fitur tivo en conta, ademais, a aposta de Galicia pola accesibilidade turística, neste caso por contar con intérpretes de linguaxe de signos, así como o servizo dunha informadora turística con dominio desta linguaxe.

TRENS TURÍSTICOS

Turismo de Galicia tamén recibiu o premio especial do xurado en Viena como gañador dos Premios de Turismo Ferroviario da European Travel Comission e Eurorail, a entidade que representa a rede ferroviaria de Europa. Os premios recoñecen campañas de mercadotecnia que animan aos viaxeiros a explorar Europa en tren.

Este ano, recibíronse máis de 30 candidaturas de organizacións turísticas, axencias de mercadotecnia, operadores ferroviarios e outras entidades que operan en Europa.

Os trens turísticos de Galicia foron seleccionados por un xurado de expertos, formado por destacados profesionais do turismo, do ferrocarril e da mercadotecnia europea, que xulgaron a súa relevancia, desenvolvemento de produto centrado no ferrocarril, creatividade e impacto social e mediático.

Trens Turísticos de Galicia
Trens Turísticos de Galicia | Fonte: Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta