Besteiro rouballe o protagonismo a Rueda: anuncia a súa intención de liderar o PSdeG

Anuncia "con gran orgullo" que concorrerá ás primarias para ser o candidato socialista á Xunta xusto cando no Parlamento comparece Rueda no debate de estado do país.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/10/2023 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

O socialista José Ramón Gómez Besteiro anunciou este luns de forma oficial que concorrerá ás primarias para ser o próximo candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia.

O ex delegado do Goberno de España en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro
O ex delegado do Goberno de España en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro | Fonte: M. Dylan - Europa Press - Arquivo

Minutos antes de que dese comezo no Parlamento galego o Debate do Estado da Autonomía, Besteiro compareceu ante os medios de comunicación nos corredores da Cámara para facer oficial esta decisión despois de que a Executiva Federal socialista ratificase a convocatoria de primarias.

O socialista dixo que asume esta decisión "con gran orgullo" e "satisfacción" e avanzou que proximamente escenificará "o proxecto de partido socialista" que propón, tanto para "satisfacer" aos militantes como para enviar "unha mensaxe" a Galicia sobre "a posibilidade de cambio".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta