Os alimentos volven subir ata o 10,6% e a inflacción queda nun 3,7% en Galicia, por encima da media estatal

Os prezos repuntan unha décima en Galicia en termos intermensuais.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2023 | Actualizada ás 10:37

Comparte esta noticia

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) escalou un punto, do 2,7% ao 3,7% anual, en setembro en Galicia, de modo que se sitúa por encima da media estatal, que alcanza o 3,5%, segundo os datos que publica este venres o Instituto Nacional de Estatística (INE).

A subida anual vén impulsada pola evolución dos prezos de alimentos e bebidas non alcohólicas, cunha taxa anual do 10,6%. Pola contra, vivenda baixa un 14,4%. En termos intermensuales, setembro respecto de agosto, os prezos repuntan unicamente unha décima en Galicia, cun incremento do 1,5% en vestido e calzado. Baixan un 2,6% os prezos en lecer e cultura.

No conxunto estatal, o IPC aumentou un 0,2% en setembro en relación ao mes anterior e elevou nove décimas a súa taxa interanual, ata o 3,5%, debido, principalmente, á subida dos prezos da electricidade e dos carburantes e lubricantes para vehículos persoais. O prezo dos alimentos, pola súa banda, mantivo o seu crecemento interanual no 10,5%, aínda que encadea xa 18 meses subindo a taxas de dous díxitos.

DATOS ESTATAIS

A inflación subxacente (sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos) baixou tres décimas en setembro, ata o 5,8%, situándose 2,3 puntos por encima do IPC xeral. O Ministerio de Asuntos Económicos destacou que esta taxa do 5,8% é a menor desde xuño de 2022.

No caso dos prezos dos alimentos e as bebidas non alcohólicas, a súa taxa interanual mantívose sen cambios en setembro ao mostrar un repunte do 10,5%, o mesmo que en agosto.

Unha persoa merca alimentos nun mercado, a 11 de agosto de 2023, en Lugo
Unha persoa merca alimentos nun mercado, a 11 de agosto de 2023, en Lugo | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta