Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2023 | Actualizada ás 11:32
O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) e o Consello da Cultura Galega (CCG) celebran este luns a vixésimo quinta edición de 'Encontros para a normalización lingüística', que nesta ocasión leva por título 'Economía, lingua e sustentabilidade' e que reflexiona sobre o papel do idioma no ámbito socioeconómico.
A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, inaugura unha cita na que responsables de empresas e entidades como Daveiga, Espiga, FegaturVegalsa-Eroski, Deleite Cooperativa 57 ou Caixa Rural Galega, entreotros, achegarán as súas experiencias.
Abordarase non só o uso do galego por parte das empresas, senón tamén dos dereitos das persoas que usan e compran os seus servizos. Cales son, cal é o estado actual de cumprimento e como actuar para facelos efectivos.
"Os encontros buscan un punto de vista propositivo para mellorar a presenza do galego no tecido comercial e empresarial, desde as relacións laborais á comunicación, finalizando no contacto coa clientela", explican.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.