Santiago deixa a pelota sobre as prazas de aparcamento no Clínico no tellado da Xunta

O conselleiro de Sanidade recoñece o problema de aparcadoiro pero apunta a Raxoi e tacha o servizo de transporte público de "deficitario".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2023 | Actualizada ás 14:57

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, afirmou que continúan abertos a negociar coa Xunta de Galicia polo Hospital Clínico, pero pon o foco na falta de prazas de aparcadoiro, responsabilidade da Xunta. Na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, Sanmartín explicou que eeste mesmo luns recibiron o estudo realizado pola Administración autonómica sobre a situación do hospital.

En base a iso, lembrou que a contorna do hospital é "responsabilidade" do Sergas. En canto aos problemas no transporte público que menciona o informe, a alcaldesa lembra que xa existen "unha serie de liñas importantes", pero avanza que se reforzarán co novo contrato de transporte.

Abordado este punto, a rexedora deixa a pelota sobre o tellado da Consellería de Sanidade. "Xa puxemos encima da mesa unha parcela para o novo aparcadoiro", lembrou, insistindo ademais en que a Xunta debe "asumir" que o 80 % da ocupación é do persoal do hospital e que o centro atende a unha porcentaxe moi grande de poboación de fóra da capital galega.

"Continuamos abertos a negociar, coa intención de chegar a un acordo canto antes. O mellor é que a Xunta decida construír o aparcadoiro e nós cumpramos coa mellora do transporte colectivo", insistiu.

COMESAÑA DEFENDE O INFORME

Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, defendeu a viabilidade do informe, "un traballo concienzudo con moitos datos". Indica que, que o informe sinale que o transporte público é deficitario, "será unha novidade para algúns, pero outros o levamos dicindo moito tempo". O mesmo ocorre, engade, cos accesos, e tamén coas prazas de aparcadoiro, "a parte que nos toca".

"Hai que abordar todo iso xunto, de forma técnica e responsable, que é o paso que estamos a dar. Estou seguro que desde o Concello vaise nesa liña de estudo técnico e de pór solucións que encaixen con medidas técnicas e non con medidas que, ás veces, poden ser máis oportunistas", defendeu. Comesaña concluíu insistindo en "quedar" co debate técnico, pero recoñecendo que "a solución a este tipo de problema non é única, son varios factores".

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, en rolda de prensa
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, en rolda de prensa | Fonte: CONCELLO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta