Vai doar sangue se es A positivo, 0 positivo e B positivo... as reservas están baixas

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 02/05/2025 | Actualizada ás 10:48

Comparte esta noticia

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) apelou a toda a cidadanía a doar sangue nas próximas xornadas e, de forma especial, ás persoas do tipo A positivo, 0 positivo e B positivo xa que as reservas atópanse en nivel baixo en Galicia.

En canto ao resto de grupos, A negativo, 0 negativo e B negativo atópanse a nivel normal, mentres os AB positivo e AB negativo contan cun bo nivel de reservas. Nun comunicado, ADOS, dependente do Sergas, explica que hai "moitas persoas nos hospitais" que necesitan recibir unha transfusión dalgún compoñente de sangue por múltiples razóns como unha operación, un transplante, un accidente ou unha enfermidade.

A este respecto, recalca que os hospitais galegos precisan preto de 500 doazóns de sangue cada día para desenvolver de forma eficaz o labor asistencial. Por iso, para facilitar esta participación, a axencia dispón de locais de doazón situados no sete principais cidades galegas e tamén de unidades móbiles que se desprazan nestes días por diferentes concellos das catro provincias. Pode coñecerse a localización das mesmas na páxina web ados.sergas.gal.

Unidade móbil de ADOS. ADOS
Unidade móbil de ADOS. ADOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta