Convocadas novas manifestacións en apoio ao pobo palestino en distintas cidades e vilas galegas

Convócanse concentracións para o domingo 22 de outubro ás 12 horas nas principais cidades e outras vilas do país para condenar os crimes contra a humanidade en Gaza.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 19/10/2023 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

A asociación Galiza por Palestina pide a fin dos bombardeos israelís na Franxa de Gaza. Nun comunicado, asegura que a sociedade galega asiste con "alarma e indignación aos crimes contra a humanidade en Gaza" mentres aumentan a ocupación e ataques á poboación na Cisxordania. 

Manifestación en Vigo a prol do pobo de Palestina, en 2014
Manifestación en Vigo a prol do pobo de Palestina, en 2014

Ante estes acontecementos, esta e outras asociacións convocan  manifestacións e concentracións por toda a  eografía galega o domingo 22 de outubro ás 12 horas en distintas vilas e cidades como A Coruña, Betanzos, Burela, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Monforte, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ribeira e Vilagarcía. 

O chamamento faise dende as asociacións e solidariedade con Palestina na Galiza Asociación Galaico Árabe Jenin, BDS Galiza, Mar de Lumes e Galiza por Palestina. Estes colectivos condenan "máis dunha vez e con rotunidade o xenocidio que está a levar a cabo o estado sionista de Israel contra o pobo palestino coa atroz complicidade da comunidade internacional e da OTAN". 

Dende Galicia por Palestina insisten en que  non se pode "permitir que o pobo palestino continúe sendo borrado do mapa mentres vemos como o fan en directo" e que este xenocidio ten que parar xa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta