O acusado de abusar sexualmente dun menor ao que coñeceu por internet: "Eu nunca souben que era menor de idade"

Fiscalía e acusación particular manteñen a solicitude de dez anos de prisión mentres a defensa reclama a libre absolución

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2023 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

O home acusado de abusar sexualmente dun menor, en agosto de 2020 no partido xudicial de Ferrol, cando tiña 14 anos e ao que coñeceu por internet, recoñeceu manter unha relación íntima co mozo pero alegou que o menor non lle dixo a súa "idade real". "Eu nunca, nunca, souben que era menor de idade", asegurou.

"V que era unha persoa nova, adolescente, pero acorde a 18 anos", manifestou este xoves, nunha vista que se celebrou na Audiencia Provincial da Coruña na que declarou en último lugar, e pediu "perdón" ao mozo e á súa familia por ser "unhas circunstancias díficiles de superar". Fíxoo fronte ao argumento mantido pola vítima que asegurou durante o xuízo que nas conversacións que mantivo co home comunicoulle que era menor de idade.

O procesado relatou que foi o menor quen lle "escribiu" a el nunha "aplicación de citas homosexuais e bisexuais" na que figuraba no seu perfil que tiña 18 anos. "Eu pensei que era unha persoa de 18 anos que estaba a estudar nun instituto, hai persoas desa idade que estudan e que os seus pais lle controlan as faltas", sinalou en alusión a conversacións mantidas entre ambos.

Respecto das fotografías que, segundo o escrito fiscal, se enviaron, o procesado indicou estar "totalmente seguro" de que "nunca" se produciu ese intercamio. "Lémbroo perfectamente porque foi unha cita completamente a cegas", dixo do día no que se coñeceron no domicilio do procesado, do cal recoñeceu que mantiveron un encontro íntimo pero negou a existencia de "penetracións".

Sala para xuízos con tribunal do xurado na Audiencia da Coruña
Sala para xuízos con tribunal do xurado na Audiencia da Coruña | Fonte: TSXG

PETICIÓN DE CONDENA

A continuación, cada unha das partes expuxo as súas conclusións e o caso quedou visto para sentenza. Ministerio Público e acusación particular mantiveron a petición de dez anos de prisión para o presunto autor dos feitos, acusado dun delito de abuso sexual a un menor de 16 anos con acceso carnal, en concurso cun delito de contacto a través de internet con proposición de concertar un encontro sexual.

Tamén solicitan catro anos de cárcere por un delito de difusión ou exhibición de material pornográfico a un menor, en concurso cun delito de pornografía infantil. "Non pomos en dúbida o discurso do menor", explicou a fiscal, quen o describiu como "coherente", "nunha contorna familiar estable" e "que non tiña ningún motivo para mentir". "Non existe interese ou beneficio en prexudicar a outra persoa", engadiu.

LIBRE ABSOLUCIÓN

En contraposición, o avogado da defensa, Alejandro Seoane Pedreira, insistiu en que tras a celebración do xuízo "non hai ningunha proba directa" de que o procesado coñecese a idade real do mozo "senón todo o contrario". "Hai uns cantos motivos polos que podía pensar que era maior de idade", destacou e puntualizou, entre outros, "as súas características físicas" e os 18 anos que aparecían "á vista" no seu perfil de internet.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta