Estréase 'Nosoutras', unha serie documental sobre as mulleres da revista Nós

A estrea do audiovisual será este sábado, 21 de outubro, ás 12:00 horas, na canle de Youtube de Nós Televisión.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/10/2023 | Actualizada ás 15:26

Comparte esta noticia

Nós Televisión tamén presenta 'Nosoutras, as mulleres da revista Nós', a primeira serie documental sobre as tres mulleres que escribiron artigos propios na revista Nós, . "É a primeira vez que se aborda a revista Nós fixándose nas mulleres e que se coloca a vida e obra delas no centro da órbita Nós", destacan dende o equipo de Nós Televisión.

Nosoutras, nova serie documental de Nós Televisión
Nosoutras, nova serie documental de Nós Televisión

 

O primeiro capítulo, adicado á irlandesa Anne MacSwiney, estréase este sábado, 21 de outubro, ás 12:00 horas, na canle de Youtube de Nós Televisión e toda a serie está tamén dispoñible en Movistar Plus+. As estreas dos seguintes episodios, que narrarán a vida de Francisca Herrera e Margot Sponer, terán lugar os seguintes sábados 28 de outubro e 4 de novembro. 

 

A ourensá Eira Losada presenta os tres capítulos da serie desde espazos como a rúa Alejandro Outeiriño, onde se fundou La Región máis tamén onde se imprimiu o primeiro número da revista Nós en 1920, a praza Maior ou a rúa Francisca Herrera no barrio ourensán da Ponte.

 

DISPOÑIBLE TAMÉN OUTRO DOCUMENTAL DE NÓS TELEVISIÓN 

O documental 'Saber Galiza. O Seminario de Estudos Galegos' conmemora o 100 aniversario desta institución que foi clave para a cultura e a ciencia galegas. A peza audiovisual está producida por Nós Televisión e realizada co apoio da Universidade de Santiago, o Concello de Santiago, o Concello de Ames e o Museo de Pontevedra.

 

A través do relato de máis de 15 persoas relacionadas coa cultura, a ensinanza e a historia

galega, faise unha viaxe ao longo do territorio e do tempo para divulgar a sabiduría, o legado e o arquivo do Seminario de Estudos Galegos. Está dispoñible na propia canle de youtube de Nós Televisión e na plataforma de Movistar Plus+.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta