Hai achegas entre Galicia e o mundo lusófono?

A Xunta di que hai resultados “moi positivos” da lei Paz Andrade para fomentar as relacións cos países lusófonos. A oposición critica os escasos avances da mesma e di que a o Goberno galego está vendendo "fume".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/06/2015 | Actualizada ás 20:43

Comparte esta noticia

Achéganse ou non Galicia e Portugal?. Esta foi a pregunta sobre a que xirou, este mércores, a intervención do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, que acudiu ao Parlamento para valorar a implantación da lei Paz Andrade para fomentar a relación con países lusófonos.

Valentín García Valentín García
Valentín García Valentín García

Está a xerar resultados moi positivos", dixo durante a súa comparecencia  parlamentaria na Comisión de Cultura. “A Xunta segue establecendo as bases para fomentar unha maior relación entre ambos os territorios a través dos idiomas”, precisou.

Neste sentido destacou que o primeiro impulso da Xunta neste campo dáse no ámbito educativo, para incrementar a aprendizaxe do portugués en Galicia a través do memorando de entendemento entre a Xunta e o Instituto Camões. Tamén destacou a relevancia que ten no ensino a posibilidade de elixir a lingua portuguesa como optativa de segunda lingua estranxeira, nos cursos que se sitúan entre 3º de ESO e 2º de Bacharelato, unha opción que crece "ano tras ano".

Ademais, García valorou a repercusión desta lei noutros ámbitos como a economía ou a cultura, que melloran a colaboración "estratéxica" entre Galicia e o Norte de Portugal, así como o impulso e promoción do Camiño de Santiago.

Con todo, avisou que  a lei aínda leva "moi pouco tempo" de aplicación, polo que avaliar os seus resultados resulta complicado. "Falta moito camiño por andar, pero estamos a traballar para poder facer de forma próxima moitas cousas que hai anos non sería posible" e nese sentido advertiu de que o conflito normativo sobre o idioma "freou as relacións" entre as linguas galega e portuguesa.

Lápida de Valentín Paz Andrade no camposanto Lérez (Pontevedra)
Lápida de Valentín Paz Andrade no camposanto Lérez (Pontevedra) | Fonte: Adrián Estévez Estevoaei wikipedia

Con todo, as súas explicacións non convenceron á oposición. A deputada do Grupo Mixto, Carmen Sueiro, tachou de "tomadura de pelo" as repercusións reais que está a ter esta lei, mentres que a parlamentaria do BNG Ana Pontón acusou ao secretario xeral de "tentar confundir" e de non dar información clara sobre o impacto da lei.

Pola súa banda, o deputado de AGE Xabier Ron insistiu en que se necesitan actos constatables sobre a lei e unha "integración sa" do portugués en Galicia, "pero iso non sucede porque o que vostedes fan é unha mera propaganda". A parlamentaria do PSdeG Concepción Burgo tachou de "extremadamente rechamante" que o secretario xeral compareza sen cumprir a lei ao non levar ao Parlamento "un informe por escrito", o que ao seu xuízo significa que "de resultados nada de nada, eu entendo que non hai ningún".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

4 jos

O governo quase não fez rem. Mas está por ver o que fará a "oposición". Os verdadeiros opositores a que a lei se aplique a sério são os pinheiristas, oficialistas, ilgaeiros, ccgagas e demais sequestradores da língua e vivedores a conta dela que não querem perder vianda.

1 Galego normal

Teñen que ser sumisos a Portugal, coma vos, daquela estariades máis a gusto.

3 5zHv

Metede esa mer da da lusofonia no cú, e deixade máis recreo os nenos, que non teñen culpa dos complexos dos seus maiores.

2 Chapela

Pois sim que é pouco sério não apresentar um relatório escrito após o parlamentinho ter aprovado esta lei por unanimidade...

1 6ddu

A lusofonia imperial porotuguesa que non lle interesa a ninguén. Ben, quitando os trinta monotemas que son vellos pra cambiar o discurso.