A Xunta pídelle ao Goberno central un plan extraordinario de conservación integral da A-6

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2023 | Actualizada ás 14:54

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, sinalou que a A-6 ten "un grave problema" polos incidentes e o colapso do viaduto que a día de hoxe está sen reconstruír e urxiu ao Goberno a execución dun plan extraordinario de conservación integral.

"É unha situación de máxima preocupación porque é unha vía fundamental de conexión de Galicia co resto de España. Por iso estamos tremendamente preocupados coa situación de A6, porque vemos unha batería de incidencias constantes e graves, sen que o Goberno de España realice o que consideramos que debe realizar", esgrimiu Vázquez durante un acto na mañá deste sábado.

Ante isto urxiu un plan integral completo e extraordinario de conservación de A6, xa que "é evidente" a falta de mantemento, que parece que a autovía "se cae a anacos". A continuación, indicou que ven firmes en mal estado, viadutos colapsados, noiros que se desmoronan, accidentes de tráfico e un desvío provisional que "é inseguro" e que require de actuación.

A preguntas dos medios, remarcou que esta é unha "vía fundamental" do norte de Galicia para conectala co resto de España. "É unha vía tan estratéxica, unha vía arterial fundamental de comunicación que afecta á competitividade, a economía, usuarios, a transportistas e por iso é fundamental e urxente que o Goberno, como titular da vía, actúe", sentenciou a conselleira.

Guindastres traballan durante o desmonte do viaduto do Castro da autovía A-6
Guindastres traballan durante o desmonte do viaduto do Castro da autovía A-6 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta