Os hoteis galegos subiron os prezos un 6,4 % en setembro

O Instituto Nacional de Estadística (INE) publica que as penoctacións aumentaron tamén nun 3,16%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2023 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

As pernoctacións hoteleiras subiron un 3,16% en setembro en Galicia, ata 1.101.249, segundo a estatística de conxuntura que publica este luns o Instituto Nacional de Estadística (INE). Por provincias, as pernotacións repartíronse entre as 454.871 da Coruña, 432.655 de Pontevedra, 141.255 en Lugo e 72.467 en Ourense. En total, foron 593.625 os viaxeiros, un 4,61% máis.

Os hoteis galegostamén  experimentaron un incremento dos prezos do 6,41% este mes, por baixo da media, e a tarifa media diaria foi de 73,4 euros, o que supón un incremento do 7,86%. Os ingresos por habitación dispoñible, mentres, situáronse en 41,34 euros na comunidade autónoma, o cal representa unha alza do 8,02%.

Imaxe da habitación dun hotel
Imaxe da habitación dun hotel | Fonte: Jesús Hellín

MELLOR MES

Pola súa banda, a Xunta reivindica, a partir dos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), "o mellor mes de setembro desde que hai rexistros" nos establecementos hoteleiros galegos.

"Trátase de cifras especialmente significativas nun ano post-Xacobeo no que habitualmente os niveis de demanda caen en termos interanuais", incide. Destaca, segundo sinala, o comportamento do turismo internacional, co 34% das pernoctacións. Foi o segmento que "máis dinamismo tivo", ao superar nun 23% o volume de noites do ano anterior.

ESTE OUTUBRO ALCANZARASE A CIFRA DE PEREGRINOS DE TODO O ANO 2022

Ademais, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, augurou que este mes de outubro os datos de peregrinos chegados á capital galega alcanzarán a cifra de todo o ano pasado, que foi Xacobeo 21-22, unha cuestión que, ao seu xuízo, demostra a desestacionalización deste fenómeno turístico.

Díxoo en Vilagarcía de Arousa no transcurso dunha resposta á mantenta do albergue de Carril, sobre o cal Rueda dixo que a Xunta está disposta asumir a súa xestión en canto se corrixan as deficiencias que se estipularon nun informe feito por técnicos da Administración autonómica e remitida á local, do cal non se ten resposta por escrito, engadiu.

O mandatario autonómico lamentou que se trata dun albergue que se fixo "pensando en que o asumise a Xunta, sen estar en contacto" coa Administración galega. "O Concello sabe cales son as deficiencias que tería que corrixir para que a Xunta o asuma en condicións; se vai estar na rede da Xunta, ten que estar nas mesmas condicións", explicou Rueda, quen reiterou que "cando corrixa as deficiencias, a Xunta asumirá o albergue", pero "se quere entrar en discusión, terá que quedar co albergue".

Rueda agregou que "se tivesen máis participación, pois sería outra cousa, pero decidiuse que non fose así". "Pois agora o que hai que facer é facer arranxos, non son dunha contía moi grande, pero hai que facelos e en condicións adecuadas", salientou. A idea, dixo, sería que xa en marzo se puidese asumir, se se fan esas obras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta