Sobre que falan os galegos en redes sociais?

Quen fala de politica e sociedade nas redes?.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 28/10/2023 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

O 15,2% dos galegos emprega inernet para emitir comentarios de tipo político e social. Trátase do 17% dos homes e o 13,7% das mulleres internautas. O dato é o resultado desta nova análise da axencia de comunicación apablo.com, que realizou unha interpretación independente dos microdatos da enquisa 'Equipamento e uso TIC nos fogares' do Instituto Nacional de Estadística, cunha mostra de máis de 14.800 respostas. O informe publicado en apablo.com inclúe unha análise de máis de 4.500 nomes de usuario en 15 páxinas de noticias e na rede social X (antes Twitter) para comprobar que porcentaxe de opinións sobre política se emite desde o anonimato.

Persoa navegando por internet
Persoa navegando por internet | Fonte: Remitida.

ESTOS SON OS QUE MÁIS COMENTAN 

A análise desvela dous grandes grupos de 'comentadores' na rede: por un lado están os mozos estudantes con ganas de formar unha opinión e compartila por internet; polo outro, persoas de mediana idade con boa formación e situación económica, preocupados polo funcionamento do Estado e a sociedade. Así, o 21,4% dos estudantes emiten comentarios sobre política e sociedade en internet, sendo os que máis o fan. Os xubilados (11,8%) e as persoas que realizan labores do fogar (7,8%). 

"Ambos grupos empregan pseudónimos para comentar. Creo que sería bo saber que tipo de persoa hai detrás dun comentario e creo que sería posible incluso salvagardando o dereito a opinar cun pseudónimo", recoñece Pablo Gracia, de apablo.com. 

Coherentemente, o rango de idade que máis comenta en internet é o de persoas entre os 20 e 29 anos. O interese por emitir opinións sobre política e sociedade vai descendendo cos anos ata alcanzar o 9,1% nos internautas maiores de 70 anos. Por titulación: a maior formación, máis tendencia a comentar. De igual forma, as persoas con maiores ingresos son as que emiten máis comentarios de tipo político e social en internet. Desde o 14,6% das persoas con ingresos inferiores a 900 euros ao mes, ao 19,1% das persoas entre 2.500 e 3.000 euros. 

Por sectores, os especialistas en dereito, ciencias sociais e culturais son as persoas que máis comentan na rede, mentres que os do sector da producción industrial, agricultura, gandería, pesca e artesáns, son os que menos emiten comentarios sobre esta cuestión. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta