Protección Civil entrega a súa medalla de Ouro a título póstumo ao bombeiro Manuel Silva Cordo

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2023 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

Protección Civil concedeu a súa medalla ao mérito na categoría de Ouro, a titulo póstumo, ao bombeiro Manuel Silva Cordo, membro do parque deo Deza falecido o pasado mes de xaneiro.

Así o recolle a orde asinada polo vicepresidente primeiro da Xunta, Diego Calvo, e publicada este mércores no Diario Oficial de Galicia coa relación de persoas recoñecidas con estes distintivos no ano 2023.

A máxima distinción, a de Ouro, irá nesta ocasión para Manuel Silva Cordo, que foi membro do grupo de apoio loxístico da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) e efectivo do parque do Deza. O seu falecemento, o pasado mes de xaneiro, xerou unha gran consternación no ámbito das emerxencias, entre compañeiros e amigos, xa que era moi coñecido e querido.

Así mesmo, Protección Civil entregará a súa medalla de Prata a Federico de la Fuente Ortiz, Francisco Javier Souto Facal, Clemente Pérez Arias e Julio Puentes Agregán, así como os integrantes da Unidade de Policía Adscrita a Galicia e os integrantes da Unidade de Policía Nacional en Galicia.

Bombeiros ante o edificio da Xunta en Lugo
Bombeiros ante o edificio da Xunta en Lugo | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta