Tremor de terra en Ribeira

O concello do Barbanza rexistra un terremoto de magnitude 3.

Por Galicia Confidencial | Ribeira | 27/10/2023 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

A localidade coruñesa de Ribeira rexistrou este venres un tremor de terra de magnitude 3, segundo informan os rexistros do Instituto Xeográfico Nacional.

Terremoto en Ribeira
Terremoto en Ribeira | Fonte: IGN

En concreto, o sismo produciuse sobre as 7,38 horas da mañá deste venres, hora local, a oito quilómetros de profundidade no mar, fronte a Punta Couso.

Polo momento non hai información de se o tremor sentiuse noutras localidades, e o IGN habilitou un cuestionario para que os cidadáns que o notaron informen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta