Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/10/2023 | Actualizada ás 19:35
A Real Academia Galega elixiu como novo académico de número o escritor e investigador Anxo Angueira (Dodro, 1961) no pleno ordinario celebrado este sábado no pazo municipal de María Pita. Ademais, o académico Takekazu Asaka foi nomeado membro de honra.
Angueira, profesor da Universidade de Vigo, é o actual presidente da Fundación Rosalía de Castro e ocupará a vacante producida pola morte do poeta Salvador García Bodaño-Zunzunegui o pasado mes de marzo.
Asaka (Toquio, 1952), pola súa banda, é defensor da lingua e da cultura galegas en Xapón. É doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Kansa Gaidai (Osaka), foi profesor de castelán na Universidade Tsudajuku de Toquio desde 1987 ata a súa xubilación en 2022 e impartiu clases de lingua, gramática e literatura galegas entre 2005 e 2022 en varias universidades xaponesas e no Instituto Cervantes de Tokio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.