Cando o patrimonio e o medio ambiente son máis importantes que os intereses eólicos

Presentan "Monte Acibal: Manifesto Contra ou Espolio dos Nosos Montes e Os Seus Bens", un alegato asinado por máis de 80 personalidades contra os megaproxectos eólicos.

Por Galicia Confidencial | Amil | 30/10/2023 | Actualizada ás 11:02

Comparte esta noticia

Un total de oitenta personalidades de distintos ámbitos da cultura, do activismo ambiental, da ciencia ou dos movementos sociais subscribiron un escrito contra o megaproxecto eólico que se pretende construír en Moraña. "Monte Acibal: Manifesto Contra ou Espolio dos Nosos Montes e Os Seus Bens" presentouse esta fin de semana na Casa da Cultura de Amil, en Moraña. Impulsado polo colectivo Amil Sen Eólicos e o Colectivo pola Defensa do Patrimonio A Forneiriña é froito de varios meses de traballo.

Presentación  de 'Monte Acibal: Manifesto Contra ou Espolio dos Nosos Montes e Os Seus Bens'
Presentación de 'Monte Acibal: Manifesto Contra ou Espolio dos Nosos Montes e Os Seus Bens' | Fonte: remitida

Está asinado, entre outros, por Agustín Azkarate Garai-Olann, director Cátedra UNESCO de Paisaxes Culturais e Patrimonio; Antonio de la PeñaSantos, arqueólogo, membro do Instituto de Estudos Galegos e do Centro de Estudos Históricos de Pontevedra, e académico da Real Academia Catalá de Belas Artes; Dario Seglie, profesor, doutor e director xeral do CeSMAP-Study Centre and Prehistoric Art Museum Polytechnic of Torino; Joaquín Araújo, agricultor, escritor e activista ecolóxico; Manuel Rivas, escritor, guionista e xornalista; Manuel Santos Estévez, arqueólogo especialista en arte rupestre; Mónica Fernandez-Aceytuno, bióloga e defensora do Monte do Gato...

 

O contido deste texto chama á acción, reclamando o deber lexítimo das entidades públicas de defender o patrimonio histórico e natural por enriba dos intereses empresariais. Os colectivos detrás do manifesto instan á revisión dos proxectos de macroeólicas en zonas arqueolóxicas, a mellora dos instrumentos de avaliación ambiental e a re-planificación do modelo de desenvolvemento económico de Galicia.

 

NECESIDADE DE PRESERVAR O AMBIENTE

 

Unha parte esencial do alegato é o compromiso coa soberanía dos concellos que rexeitan a instalación de macroeólicos nas súas áreas e a necesidade de preservar e poñer en valor o rico patrimonio cultural e natural de Galicia. Tamén se subliña a importancia de conservar os espazos naturais para garantir a súa biodiversidade.

 

Por iso, os asinantes agardan que o Manifesto Acibal sexa un chamamento a protexer os montes galegos e a súa rica herencia cultural e natural para as xeracións futuras, promovendo unha visión de desenvolvemento sustentable que respecte a historia e a natureza da nosa terra.

 

Este manifesto presentase a mesma semana que unha sentencia do TSX suspendeu cautelarmente as obras no Acibal. Os veciños lamentan que esta medida non teña chegado antes, pero celébrana e vena como unha oportunidade para que de unha vez se avalíen os danos reais no Acibal e a non viavilidade dun Polígono Eólico no medio de un xacemento arqueolóxico e atravesando unha zona de humidal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta