Chega unha nova edición dos 'Premios Galicia de Acción Voluntaria'

A Xunta de Galicia convoca a cuarta edición e as entidades e persoas interesadas teñen a partir de mañá un mes de prazo para presentarse.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2023 | Actualizada ás 14:01

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia convocou a cuarta edición dos 'Premios Galicia de Acción Voluntaria' para recoñecer publicamente a labor solidaria de persoas e organizacións durante este ano.  O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle hoxe a nova convocatoria deste certame, que ten tres modalidades dotada cada unha delas de 4.000 euros: galardón á persoa voluntaria, á entidade de acción voluntaria do ano e ao mellor proxecto de acción voluntaria, levado a cabo por unha organización de maneira individual ou por varias de maneira conxunta.

As entidades e persoas interesadas en concorrer a estas distincións teñen a partir de mañá un mes de prazo para presentar as súas candidaturas e deberán facelo preferiblemente a través da sede electrónica da Xunta. Só se permitirá unha candidatura por cada modalidade e entidade. As propostas candidatas terán que achegar, co impreso de solicitude, unha memoria do proxecto ou traxectoria; documentación oficial acreditativa dos méritos emitida por organismo público ou persoal, tal como diplomas e certificados; unha relación das actividades realizadas e calquera outra documentación que a persoa solicitante considere.

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, recibe aos voluntarios do programa 'Xacobeando'.. XUNTA
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, recibe aos voluntarios do programa 'Xacobeando'.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta