Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 31/10/2023 | Actualizada ás 11:46
Catro alumnos dun instituto de formación profesional de Maceda permanecen investigados xunto a outro home alleo ao centro por entrar de forma ilegal nas contas bacarias e de correo electrónico dun profesor.
Estas cinco persoas, entre as que hai catro menores de idade, empregaron a rede interna do centro para acceder de forma irregular ás contas deste docente, segundo trasladou a Garda Civil. Os investigados ingresaron nas contas, tanto privadas como profesionais, do profesor a través de computadores do propio centro e tamén desde equipos alleos ao instituto.
Trátase de catro menores de idade, todos eles alumnos do centro, e dun quinto, maior de idade e amigo dun dos membros do instituto. A todos eles impútanselles un delito contra a intimidade, dereito á propia imaxe e inviolabilidade do domicilio. As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ourense e á Fiscalía de Menores da Audiencia Provincial de Ourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.