Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2023 | Actualizada ás 17:41
As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Valdoviño manifestáronse na mañá deste venres ante o Concello para demandar melloras nas súas xornadas laborais e salariais. Ademais, protagonizaron un paro de dúas horas, entre as 11.00 e 13.00 horas, seguindo así unha convocatoria realizada polo sindicato CIG.
Unha das delegadas, Elvira Méndez, detallou que este servizo está a ser prestado na actualidade por 48 traballadoras e que a empresa que ten adxudicada esta encomenda "reclamou ao Concello unha subida de prezos", algo que levan "esperando desde xaneiro" e que, segundo asegurou, "foi aprobada este xoves nun pleno extraordinario".
A pesar diso, "levamos sen cobrar a subida do IPC desde xaneiro", engadiu. No seu caso particular, significa que no mes de setembro cobrou "82 euros menos" do que lle correspondería. "Unha persoa que está en xornada completa está a cobrar uns 1.100 euros, con desprazamentos e quilometraxe incluída", criticou, sobre "un sector precarizado" no que, para poder exercer na zona rural, fai falta ter "un vehículo propio", co que iso conleva en canto ao prezo do combustible.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.