Máis de 200 prazas de atención diúrna para nenos e adolescentes galegos

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou este sábado o novo centro da entidade Arela en Santiago e aproveitou para destacar o "compromiso" da Xunta coa protección á infancia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2023 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou este sábado o novo centro da entidade Arela en Santiago e aproveitou para destacar o "compromiso" da Xunta coa protección á infancia, a través do mantemento de máis de 200 prazas de atención diúrna por toda Galicia.

García lembrou que a Administración autonómica concertou este ano, por primeira vez, estas prazas en réxime de "concerto social", para o que destinou un total de 19,6 millóns de orzamento. Esta modalidade, tal e como reivindicou, permite "blindar" a atención nestes centros ata 2027, así como ofrecer maior estabilidade ás entidades.

Ademais, a conselleira de Política Social e Xuventude destacou que o próximo ano os orzamentos da Xunta contarán cunha partida de 60 millóns de euros para atender ás necesidades dos nenos e adolescentes galegos. Por outra banda, Fabiola García tamén visitou este sábado a escola infantil pública autonómica do barrio compostelán de Vite, onde coñeceu de primeira man as últimas obras de acondicionamento realizadas.

Nenas e nenos
Nenas e nenos | Fonte: Carlos Montero - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta