Un avogado de Ourense enfróntase a tres anos e medio de prisión por estafar case 28.000 euros a unha clienta

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 05/11/2023 | Actualizada ás 11:44

Comparte esta noticia

A Fiscalía pide 3 anos e medio de cárcere para un avogado de Ourense acusado dun delito continuado de estafa, por cobrarlle a unha clienta case 28.000 euros para supostas actuacións profesionais que non levou a cabo. O procesado será xulgado o mércores na Audiencia Provincial de Ourense.

Segundo o escrito de acusación do ministerio público, este avogado tiña unha clienta á que daba os seus servizos en diversas cuestións e, desde novembro de 2017 ata marzo de 2019, a muller e a súa filla fixéronlle varias entregas de diñeiro por diferentes conceptos (representación legal en procedementos, cuestións relacionadas cunha herdanza, supostos aranceis e retencións fiscais, etc.), ata un total de 27.919 euros.

A Fiscalía expón no seu escrito que estes honorarios "non se corresponden a ningunha actuación profesional do acusado", polo que conclúe que o avogado cometeu un delito continuado de estafa. Por estes feitos, pide que sexa condenado a 3 anos e medio de cárcere, e que indemnice á prexudicada na cantidade estafada máis intereses.

Audiencia Provincial de Ourense
Audiencia Provincial de Ourense | Fonte: Wikipedia - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta