Riós celebra a súa XXVIII Festa da castaña e do cogomelo

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 05/11/2023 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou este domingo a festa celebrada no Concello de Riós con motivo da XXVIII Festa da castaña e do cogomelo, declarada de interese turístico galego. Durante o seu percorrido polos postos, Rivo puido coñecer produtos típicos da comarca de Verín, como castañas frescas e en conserva, cogomelos, artesanías e outros froitos propios do outono. A Xunta apoia a identificación, vixilancia e xestión activa dos castiñeiros tradicionais e a impulsar a calidade da castaña, un recurso natural de gran relevancia e potencial para o sector agroalimentario galego.

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, na festa da castaña e o cogomelo
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, na festa da castaña e o cogomelo | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta