Tecnoloxías cuánticas, hiper automatización e IA, retos que analizan en Santiago 800 directivos de empresas punteiras

O presidente da Xunta destaca a capacidade de Galicia para impulsar a innovación no quinto congreso internacional de directores de sistemas de información (CIO).

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2023 | Actualizada ás 16:11

Comparte esta noticia

As tecnoloxías cuánticas, a eficiencia da hiper automatización a nivel corporativo e a importancia do dato como motor da intelixencia artificial son algúns dos retos que analizará o quinto congreso internacional de CIO (directores de sistemas de información), que organiza a Asociación para o Progreso da Dirección (APD) en Santiago.

Entre outros temas, este conclave abordou durante a súa primeira xornada o impacto das novas tecnoloxías na percepción que o ser humano ten da contorna que lle rodea, o reto empresarial da sustentabilidade e as novas oportunidades para as empresas na era tecnolóxica. Nel, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a capacidade de Galicia para impulsar a innovación e as tecnoloxías avanzadas e asegurou que isto converteu á comunidade en "pioneira" e "referente" na aplicación dixital en diferentes ámbitos.

En concreto, e acompañado polo coselleiro de Facenda, Miguel Corgos, Rueda situou a Galicia "á vangarda" na aplicación de avances en materia sanitaria, pola historia clínica electrónica e o mapa xenómico de 400.000 galegos, "que vai ser beneficioso para a detección precoz de enfermidades". Tamén apuntou á incorporación do libro electrónico nos centros escolares e ao impulso para contar co computador cuántico "máis potente do sur de Europa".

REVOLUCIÓN TECNOLÓXICA

A APD inaugurou este martes este quinto congreso de CIO, no que participan ao redor de 800 directivos, 400 de forma presencial. Baixo a premisa de que a revolución tecnolóxica é tamén social e antropolóxica, APD pon sobre a mesa asuntos como o impacto das novas contornas que xa debuxan a intelixencia artificial, o 'blockchain' e a computación cuántica, entre outros.

Por parte de APD, o conselleiro director xeneral, Enrique Sánchez de León, valorou que a cita permitirá "reflexionar sobre as últimas tendencias tecnolóxicas". Pola súa banda, o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, sinalou que a transformación dixital pon "ante a posibilidade de crear realidades con potencia suficiente para cambiar os feitos máis decisivos da vida".

Algunhas das intervencións foron a de Francisco Botas, presidente da zona noroeste de APD; Nieves Franco, CEO de Arsys; Gorka Sainz, presidente de Fortinet; Gonzalo Romeo, director xeral de Infraestruturas para a Transformación Dixital de Fujitsu; Javier Trigueros, director de Mercadotecnia e director de preventa de solucións de CRM de Infoavan; entre outros.

Pola tarde, entre os temas que se tratarán, estarán o uso da intelixencia artificial, o 'machine learning' ou a automatización para incrementar a eficiencia das organizacións. Tamén se falará do rol do CIO como parte do desenvolvemento tecnolóxico das empresas. Entre os relatores, Marcos Paredes, CTO de Ozona Tech; Ángel Nigorra, CEO de Bizum; Nuria Ávalos, directora xeral de Indesia e directora de Consorcios Dixitais de Repsol; entre outros.

Tecnoloxías cuánticas, hiper automatización e IA, algúns dos retos que analiza o quinto congreso de CIO
Tecnoloxías cuánticas, hiper automatización e IA, algúns dos retos que analiza o quinto congreso de CIO | Fonte: DAVID CABEZON @ XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta