A Xunta di que as rendas máis baixas pagarán un 22,6% menos de IRPF que en 2009 e a oposición acusa ao PP de "beneficiar" aos máis ricos. O BNG tacha as contas de "indecentes" e o PSdeG denuncia a "ausencia total da nova política económica para a Galicia poscovid".