Na procura da pegada viquinga en Galicia

U equipo arqueolóxico rematou a segunda fase da súa intervención nos Moutillóns, no Vicedo, coa descuberta de moedas e cerámicas. En agosto volverá á Illa Coelleira para estudar os retos do mosteiro que alí se atopa.

Por Galicia Confidencial | O Vicedo | 18/06/2015 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

Esta semana rematou a segunda fase das excavacións dos Moutillós, no Vicedo, considerado como o único asentamento viquingo do que se ten constancia en Galicia.  E, a pesar de que a campaña foi moi curta, de escasamente unha semana, hai xa evidencias de estruturas claras que testemuñan un asentamento humano prolongado no tempo.

Vista aérea dos Moutillós, considerado o único asentamento coñecido dos viquingos en Galicia
Vista aérea dos Moutillós, considerado o único asentamento coñecido dos viquingos en Galicia

O equipo de arqueólogos dirixido por Iñaki Sagredo atopou, ademais, tellas, ósos, muros, cerámica e unha moeda. Aínda que estes restos están sen analizar pormenorizadamente, a moeda atopada semella un óbolo de Afonso X, O Sabio (S.XIII). Precisamente é unha das datas que deron os carbóns atopados o ano pasado. Tamén se atoparon cerámicas, unha dela, cunha cruz das chamadas potenzadas, polo remate que ten.

Os arqueólogos continuaron nesta segunda fase coas escavacións iniciadas o pasado verán para tentar aclarar a orixe do xacemento dos Moutillós. Farán máis catas na zona onde xa estiveron e en agosto volverán de novo, nesa ocasión para estudar os restos do mosteiro da Illa Coelleira.

O catro integrantes do equipo de Xestión Cultural Larrate, procedentes de Navarra, contaron co apoio de voluntarios da zona para esta segunda fase de escavación, así como da axuda da Asociación Mariña Patrimonio

Un dos seus obxectivos é achar máis materiais que, unha vez analizados, dean máis pistas sobre este lugar que algúns estudiosos relacionan coas invasións viquingas.

Moeda atopada nos Moutillós, no Vicedo, considerado un xacemento de orixe viquinga
Moeda atopada nos Moutillós, no Vicedo, considerado un xacemento de orixe viquinga

Cerámica atopada nos Moutillós, no Vicedo, considerado un xacemento de orixe viquinga
Cerámica atopada nos Moutillós, no Vicedo, considerado un xacemento de orixe viquinga
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta