Que días poderán vacinarse contra a gripe os nenos de entre seis e 59 meses?

A Dirección Xeral de Saúde Pública comezou co envío de SMS de citación

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2023 | Actualizada ás 13:35

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Saúde Pública comezou co envío de SMS de citación para convocar aos menores galegos de entre seis e 59 meses a ser vacinados contra a gripe durante dous fins de semana consecutivos: os días 18 e 19 de novembro e 25 e 26.

Segundo trasladou o departamento sanitario da Xunta, é de gran importancia a vacinación dos máis pequenos fronte á gripe, estando recomendada a administración destas vacinas de forma sistemática para o tramo de idade comprendido entre o seis meses e o case cinco anos.

A vacinación dos menores levará a cabo en fin de semana para facilitar que as nais e pais poidan acudir a levar os seus fillos e fillas aos hospitais galegos a vacinarse e as citas distribuiranse en función da poboación diana coa que conta cada unha do sete áreas sanitarias.

Así, durante o fin de semana do 18 e 19 de novembro citarase á vacinación en todos os hospitais da rede sanitaria pública de Galicia e no seguinte fin de semana continuarán coa vacinación as áreas da Coruña-Cee; Vigo; Santiago-Barbanza; Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Doutra banda, a Consellería de Sanidade habilitará o próximo 16 de novembro o sistema de auto cita para que as persoas menores de 60 anos con patoloxías de risco poidan vacinares da gripe e o covid-19. Do mesmo xeito, o 15 de novembro os menores de entre seis meses e once anos con condicións de risco tamén poderán pedir a súa cita para vacinarse.

Un neno recibe a vacina contra a Covid-19
Un neno recibe a vacina contra a Covid-19 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta