Na noite deste luns un accidente en carballo deixou cinco persoas feridas, entre elas un menor de idade

O 061 recibiu a alerta ás 20,26 horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2023 | Actualizada ás 10:22

Comparte esta noticia

Cinco persoas resultaron feridas, entre elas un menor de idade, nun accidente de tráfico ocorrido en Carballo, na tarde noite deste luns. O 061 recibiu a alerta ás 20,26 horas na Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias e mobilizou ao lugar do accidente a unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado, tres ambulancias de soporte vital básico e persoal sanitario do Punto de Atención Continuada de Carballo.

No punto do accidente foron atendidas cinco persoas, que posteriormente foron trasladadas ao Hospital da Coruña: unha muller de 34 anos, outra de 23, un home de 29 anos e outro de 38 anos. Pola súa banda, un menor de idade foi derivado ao Hospital Materno Infantil Teresa Herrera da Coruña.

Central de atención telefónica de Urxencias Sanitarias 061 Galicia
Central de atención telefónica de Urxencias Sanitarias 061 Galicia | Fonte: URXENCIAS SANITARIAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta