Incremento mensual do IPC en outubro debido ao encarecemento dos alimentos que repuntaron un 1,3%

O INE reflexa que na tasa interanual rexistrou un descenso dunha décima en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 14/11/2023 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) aumentou un 0,3% en outubro en Galicia en relación ao mes anterior, como a media, pero a taxa interanual rexistrou un descenso dunha décima, ata situarse no 3,6%, que segue estando lixeiramente por encima da media (3,5%), segundo os datos que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).

En valores anuais, alimentos e bebidas non alcohólicas anótanse a maior inflación anual na comunidade galega, do 9,9%; mentres vivenda baixa outro 9%. En canto á evolución mensual, os prezos do vestido e calzado son os que máis soben en Galicia, xa que o fan un 10,8%, e lecer e cultura reducíronos un 1,2%.

No conxunto estatal, o IPC aumentou un 0,3% en outubro en relación ao mes anterior e mantivo sen cambios a súa taxa interanual no 3,5%, debido a que o encarecemento da electricidade e do gas viuse compensado polo abaratamento dos carburantes e por unha subida menos intensa nos prezos dos alimentos respecto da experimentada un ano antes, segundo os datos definitivos publicados este martes polo INE, que coinciden cos avanzados a finais do mes pasado.

O Ministerio de Asuntos Económicos subliñou nun comunicado que a inflación xeral mantívose estable en outubro "polo mellor comportamento dos alimentos e a baixada dos carburantes". "As medidas de política económica adoptadas polo Goberno permitiron a España manter no último ano una das menores taxas de inflación e maior crecemento económico da zona euro, o que favoreceu unha maior competitividade das empresas españolas e a ganancia de poder adquisitivo dos salarios", remarcou o Departamento que dirixe, en funcións, Nadia Calviño.

Os ALIMENTOS SOBEN UN 1,3%

En termos mensuais (outubro sobre setembro), o IPC rexistrou un aumento do 0,3%, unha décima máis do que subiu o mes anterior. Con este repunte, a inflación encadea cinco meses consecutivos de alzas mensuais. O incremento mensual do IPC en outubro foi consecuencia do encarecemento nun 8,6% do vestido e o calzado pola nova tempada de outono-inverno, así como dos alimentos, que repuntaron un 1,3% polas subidas "xeneralizadas" da maior parte dos seus compoñentes, destacando os incrementos nos prezos dos aceites, as froitas e a carne e o peixe.

Entrada da tenda de comestibles.
Entrada da tenda de comestibles. | Fonte: Ricardo Rubio - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta