Máis do 70 % dos buses de transporte público galegos ten etiqueta verde C e case o 22 % son ECO

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2023 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, subliñou este martes que máis do 70 % dos autobuses que conforman a frota do transporte público autonómico conta coa etiqueta verde da categoría ambiental C e case o 22 % é ECO. Na inauguración en Coirós da primeira estación de servizo de Galicia con combustible 100 % renovable, impulsada por Repsol, a responsable de Mobilidade puxo en valor o labor do Goberno galego para alcanzar o obxectivo da descarbonización da mobilidade.

Esta aposta, destacou a Xunta nunha nota de prensa, traduciuse nos últimos anos na construción de máis de 250 quilómetros de camiños para peóns e ciclistas, cun investimento autonómico de 50 millóns de euros. Sobre o transporte público, Ethel Vázquez subliñou a modernización das liñas de transporte interurbano, pasando de 900 a máis de 3.500 na actualidade, e de 1,48 millóns de servizos ao ano a ofrecer na actualidade 2,3, segundo apuntou. Ademais, referiuse ao prezo dos billetes, cun "amplo abano de descontos que facilitan o acceso ao transporte público e incentivan o seu uso". Nesta liña, tamén puxo en valor o cartón Xente Nova, que se sumará á gratuidade tamén para os maiores de 65 anos o próximo ano.

Inauguración estación de servizo Repsol en Coirós
Inauguración estación de servizo Repsol en Coirós | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta