Alerta en Moaña ante a presenza do mosquito tigre

Ultima unha campaña de medidas preventivas contra este insecto tras detectarse xa en Tirán.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 30/04/2024 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

O Concello de Moaña ultima xa unha campaña de medidas preventivas contra o mosquito tigre tras detectarse algún exemplar deste insecto na parroquia de Tirán.

Así o asegurou a súa alcaldesa, Leticia Santos, quen indicou que este mes se reportou polo menos un exemplar na mesma zona na que apareceu o ano pasado esta especie por primeira vez.

En declaracións a Europa Press, Santos explicou que o goberno local lanzará proximamente unha campaña de medidas preventivas para alertar á poboación sobre que facer para evitar problemas maiores, do mesmo xeito que se fixo o verán pasado.

A pesar de subliñar que aínda se atopan á espera de que a Xunta convoque aos concellos para informar de como está a situación, xa que é o Executivo autonómico o que recada os datos sobre a presenza do mosquito tigre (a través de entomólogos da universidade), desde o Concello xa se tomaron medidas para repoboar a poboación de morcegos, depredador natural do mosquito.

A rexedora de Moaña lembrou que o verán pasado detectouse unha presenza "moi alta" de mosquitos tigre na localidade, chegando a todas as súas parroquias, aínda que con menor incidencia en Domaio e Meira.

Con todo, "afortunadamente" non houbo consecuencias moi graves, a pesar de que si houbo persoas que foron picadas por este insecto, con algún caso cunha maior complicación debido a ter alerxia ás picaduras de mosquito.

Mosquito tigre
Mosquito tigre | Fonte: CENTRE DE RECERCA ECOLÒGICA I APLICACIONS FORESTAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta