As educadoras infantís volven a esixir un "convenio digno" e o "desbloqueo das negociacións"

Esixen unha subida salarial xa que, tal e como indican os "servizos mínimos abusivos", "son un servizo esencial", unha baixada dos cocientes, ter unha consideración de ensino e "non unicamente como conciliación".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2023 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

Centenares de educadoras infantís volvéronse a manifestarse este mércores en Santiago durante a cuarta xornada de folga para demandar un "convenio digno" e pedir o "desbloqueo das negociacións". Os manifestantes marcharon desde a Alameda ata a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) onde clamaron por 'un convenio digno e un salario digno' nas escolas infantís privadas e de xestión indirecta.

No transcurso da marcha, entoaron cánticos e portaron diversas pancartas nas que se puido ler 'a vaca Lola con 1.000 euros non vive soa', 'nin gardarías nin xardíns, somos escolas infantís' ou 'non ao bloqueo das negociacións'. En declaracións aos medios antes do inicio da marcha, a profesora de Infantil Ana Rodríguez sinalou que o motivo da manifestación é porque "xa están fartas" de esperar, de tentar que a patronal "lles escoite", de que "as ninguneen" e que "non fagan caso" ás súas reivindicacións.

O colectivo esixiu unha subida salarial xa que, tal e como indican os "servizos mínimos abusivos", "son un servizo esencial", unha baixada dos cocientes, ter unha consideración de ensino e "non unicamente como conciliación". En canto ao salario, Rodríguez detallou que hai diferentes táboas salariais dependendo de se as escolas son de xestión indirecta, directa ou privada. "Unhas non chegan ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI) e outras a penas supérano", lamentou.

Outra das manifestantes, a técnica en Infantil Sonia Feal incidiu que o que piden é un "convenio digno" xa que o actual é "moi precario" e tamén "horas non lectivas" porque, engadiu, o traballo de programación, memorias e preparación de actividades "teñen que facelo na súa casa". "A proposta que nos fai a patronal parece que só se centra nas educadoras e o convenio afecta a máis persoal", lamentou Sonia Feal.

"DOUS ANOS NEGOCIANDO SEN AVANCES"

Pola súa banda, o responsable de ensino privado de CIG-Ensino, Enrique García, remarcou que queren "desbloquear as negociacións" do convenio en Madrid e que xa levan "dous anos negociando" pero "non tiveron avances". Enrique García cargou contra a actitude da patronal que é de "non facer propostas" de melloras, dun "inmobilismo total" e mesmo "involucionismo". "Facendo propostas regresivas onde dan salarios pero recortan outros dereitos", lamentou.

En case dous anos realizaron 11 mesas de negociación por un convenio que en Galicia afecta a máis de 2.000 persoas e unhas 200 escolas e a nivel nacional a un colectivo de máis de 80.000 profesionais, segundo detallou García. O seguimento das xornadas de folga "supera o 80%" e o persoal que pode acudir á manifestación "está limitado por uns servizos mínimos abusivos", sentenciou o responsable da CIG.

Manifestación educadoras infantís en Santiago, 15 de novembro de 2023.
Manifestación educadoras infantís en Santiago, 15 de novembro de 2023. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta