Rueda entende o "hijo de puta" de Ayuso a Sánchez: "A xente pode estoupar"

O presidente galego xustifica o insulto polos ataques continuados do presidente español á presidenta madrileña. "Sánchez é un faltón", di.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 16/11/2023 | Actualizada ás 15:33

Comparte esta noticia

Nunca un insulto nas bancadas do Congreso deu tanto que falar que o "hijo de puta" que a presidenta de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, lle adicou ao presidente español, Pedro Sánchez, na tribuna  de convidados durante o debate de investidura. 

A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso
A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso | Fonte: Alejandro Martínez Vélez - Europa Press

"O que dixen é que me gusta la fruta", tentou xustificar logo Ayuso, aínda que acabou admitindo o insulto orixinal. Uns feitos polos que foi duramente criticada polo PSOE e os partidos da oposición na comunidade de Madrid. Preguntado este xoves por este tema, o xefe do Executivo galego, Alfonso Rueda, dixo entender este tipo de reacción.

"Os insultos no son bos pero peor é a calumnia premeditada e non hai una persona más calumniada por Sánchez que Ayuso. E, por iso, a xente pode estourar", xustificou Rueda. Así, dixo que, aínda que estaba preto da presidenta madrileña el non escoitou o que dixo. "Xireime cando --Sánchez-- a aludiu, pero non escoite o que dixo", engadiu ao tempo que criticou a "obsesión de Sánchez por ser tan faltón". "E onte foino especialmente", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta