Estes son os galardoados cos premios Menina 2023

Entre eles, unha maxistrada, un director de prisións ou unha ONG.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2023 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

A maxistrada Paz Filgueira, o director do Centro Penal de Teixeiro, José Ángel Vázquez, a ONG valoReSC, o proxecto 'Mulleres de Lugo' do IES Ánxel Fole e Nosa Señora dos Ollos Grandes e a socióloga Silvia Pérez foron os galardoados da sexta edición dos premios Menina.

Así anunciou este venres o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, a lista de premiados destes recoñecementos que se entregan anualmente con motivo da celebración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, para remarcar o compromiso fronte á violencia machista no catro provincias galegas.

En concreto, a nivel autonómico, a Menina recae na maxistrada Paz Filgueira, titular durante 10 anos do Xulgado de Violencia contra a Muller de Vigo. Neste caso, o xurado tivo en conta o traballo que desenvolve a maxistrada na formación continua do persoal das administracións públicas e dos corpos e forzas de seguridade do Estado en Galicia con respecto ao tratamento das vítimas de violencia machista.

Na provincia da Coruña, recoñécese o traballo de José Ángel Vázquez, actual director do Centro Penal de Teixeiro. Este funcionario, destaca a Delegación, coordina un grupo de profesionais que impulsan varias actividades no centro para promover a erradicación da violencia contra as mulleres en calquera das súas formas.

Ademais, o xurado concedeu tres menciones honoríficas: ao persoal da Unidade de Atención á Familia e á Muller (UFAM) da Brigada Local de Policía Xudicial da Comisaría de Ferrol-Narón; ao xefe da Policía Local de Muxía, José Manuel Branco; e á doutora en Ciencias da Comunicación e experta en comunicación desde a perspectiva de xénero Ana Belén Puñal.

Na provincia de Lugo, a Menina concédese ao proxecto 'Mulleres de Lugo', impulsado pola comunidade educativa do IES Ánxel Fole e Virxe dos Ollos Grandes da capital lucense. Ambos os centros promoven un traballo de investigación que se traduciu nun calendario escolar para visibilizar, nos centros de ensino da contorna, o papel de mulleres lucenses en campos como o activismo, a ciencia, a literatura, as artes escénicas ou a política. Nesta provincia, a mención honorífica é para a policía nacional Cristina Castro, destinada na Unidade de Atención á Familia e á Muller (UFAM) da Comisaría de Lugo.

OURENSE E PONTEVEDRA

En Ourense, o recoñecemento é para a ONG valoReSC, recoñecendo o labor profesional das persoas que forman esta entidade fomentando iniciativas positivas en materia de igualdade e polo seu traballo coas mulleres vítimas de violencia. Recibe a mención honorífica a garda civil Vanesa Domínguez, da Comandancia da Garda Civil de Ourense.

En Pontevedra, recibe o recoñecemento Silvia Pérez, doutora en Socioloxía e profesora na Universidade de Vigo. Conseguiu en 2018 o primeiro premio estatal de teses doutorais en materia de violencia de xénero, que concede o Ministerio de Igualdade.

Premios Menina.. DELEGACIÓN DO GOBERNO
Premios Menina.. DELEGACIÓN DO GOBERNO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta