O consumo da pataca en Galicia, unha aposta pola calidade

'Pataca de Galicia. En boca de todxs' é o lema da campaña co que a Consellería de Medio Rural promoverá o consumo de pataca con selo diferenciado da Indicación Xeográfica Protexida (IXP). A campaña comezará este domingo 19 e estenderase ata o 31 de decembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2023 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

'Pataca de Galicia. En boca de todxs' é o lema da campaña co que a Consellería de Medio Rural promoverá o consumo de pataca con selo diferenciado da Indicación Xeográfica Protexida (IXP). A campaña comezará este domingo 19 e estenderase ata o 31 de decembro. O conselleiro do Medio Rural, José González, presentou esta iniciativa en Ourense, sobre a que resaltou a "importancia da pataca na gastronomía galega, que acompaña a gran parte dos pratos típicos que fan que Galicia sexa reconocible fóra das nosas fronteiras". Seguindo esta liña, asegurou que "a gastronomía galega non se entende sen este produto".

Para a campaña destinaranse 300.000 euros co obxectivo de que estea presente en medios de comunicación locais, provinciais, autonómicos e estatais a través de creatividades, cuñas radiofónicas ou anuncios audiovisuais. Ademais, o conselleiro expuxo que non só quere chegar ao maior número de consumidores e consumidoras, senón tamén "facer memorable o produto e que cando fagan a compra inclúan pataca galega nas súas bolsas".

Segundo o conselleiro, esta promoción está dentro da estratexia da Xunta para potenciar a súa viabilidade como actividade económica. Tamén a cualificou como un "merecido recoñecemento" aos 90 produtores (con presenza na propia campaña) e 12 almacenistas amparados pola IXP. Así mesmo, fixo referencia á futura Lei de calidade alimentaria e ao Plan de promoción de produtos agroalimentarios galegos (cunha previsión de seis millóns de euros) que de aprobarse no Parlamento autonómico suporían un "reforzo" na promoción da pataca.

Previsións da campaña de pataca
Previsións da campaña de pataca | Fonte: IXP PATACA DE GALICIA - Arquivo

José González na presentación da campaña da pataca. XUNTA DE GALICIA
José González na presentación da campaña da pataca. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta