O Foro Galego de Inmigración pide que se aprobe unha lei para a regularización de migrantes

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2023 | Actualizada ás 10:58

Comparte esta noticia

O Foro Galego de Inmigración solicitou ao recentemente conformado goberno estatal a aprobación da Iniciativa Lexislativa Popular que promovía a regularización das persoas migrantes residentes no Estado, entre outras peticións.

Segundo lembran nun comunicado, en 2022 conseguíronse case 700.000 firmas para unha iniciativa que, apuntan, está na mesa do Congreso desde a anterior lexislatura e que debe "ser retomada o máis axiña posible". "É unha cuestión imprescindible para impedir a exclusión de dereitos básicos a unha parte importante, máis de medio millón de persoas da poboación residente no Estado", afirman.

Piden tamén a derrogación "inmediata" da actual Lei de Estranxeiría, vixente desde hai 20 anos e que "esixe un cambio radical nas súas formulacións", así como modificar a Lei de Asilo de forma que permita implementar "un novo modelo que garanta os dereitos humanos".

Solitan, así mesmo, unha nova política na fronteira sur para "evitar terribles masacres como a de Melilla de xuño de 2022", unha política "antirracista" e "defensora dos dereitos das mulleres migrantes". Ademais, instan ao novo goberno a garantir o acceso ao emprego en condicións de igualdade, así como o acceso a servizos básicos "para garantir o cumprimento dos dereitos humanos". Por último, fan fincapé na importancia de asegurar a existencia de recursos públicos, técnicos, económicos e humanos suficientes.

Varios migrantes procedentes de Canarias nunha das terrazas do hotel Baixamar, en Sanxenxo
Varios migrantes procedentes de Canarias nunha das terrazas do hotel Baixamar, en Sanxenxo | Fonte: Elena Fernández - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta