O BNG pide a comparecencia de Corgos tras a decisión do TC sobre o imposto de grandes fortunas

A deputada nacionalista Noa Presas demanda que o conselleiro de Facenda "dea explicacións unha vez que o Constitucional rexeitou o recurso".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2023 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) pide a comparecencia no Parlamento para que acuda o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, tras a decisión do Tribunal Constitucional de desestimar o recurso presentado pola Xunta contra o imposto estatal ás grandes fortunas. A xuízo da deputada Noa Presas, esta decisión "demostra, unha vez máis, o absoluto fracaso da política fiscal do Goberno de Alfonso Rueda, que fai seguidismo do ayusismo e privilexia ás minorías máis ricas fronte á maioría social do país".

"A decisión do Constitucional demostra o fracaso dunha política fiscal improvisada, que fai seguidismo do ayusismo e que se preocupa polas minorías máis ricas deste país, mentres que hai unha situación social grave que atender no medio dunha grave crise de prezos", asegurou.

Presas adiantou que o BNG vai pedir a comparecencia en lle próximo pleno de Corgos para que "dea explicacións unha vez que o Constitucional rexeitou o recurso", xa que o TC considera que o imposto ás grandes fortunas non choca co imposto de patrimonio, cuxa competencia é das comunidades autónomas.

A deputada do BNG Noa Presas. BNG
A deputada do BNG Noa Presas. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta