Grave accidente en Dumbría con dous vehículos envorcados e tres feridos

Houbo grandes retencións en ambas as direccións da AC-552 que une Cee con A Coruña.

Por Galicia Confidencial | Dumbría | 30/11/2023 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

Un grave accidente tivo lugar no quilómetro 80 da AC-552 no concello de Dumbría no que houbo dous vehículos implicados, dous deles envorcados e tres persoas resultaron feridas, das cales unha delas tivo que ser excarcerada.

Coches envorcados nun accidente en Dumbría
Coches envorcados nun accidente en Dumbría | Fonte: remitida

Segundo fontes municipais consultadas por Galicia Confidencial, o sinistro tivo lugar sobre as 9.30 horas deste 30 de decembro á altura da fábrica de formigón desta transitada estrada que une Cee coa Coruña. 

Varios particulares chamaron ao 112 para alertar do suceso, e foron mobilizados Garda Civil, Urxencias Sanitarias-061 e os Bombeiros de Cee, que hoxe si estaban de servizo, así como Protección Civil de Dumbría e o servizo de mantemento da vía.

Unha vez no punto, e tras excarcerar a unha muller que se quedou atrapada no vehículo, os servizos de emerxencias confirmaron que tres persoas necesitaran traslado a un centro hospitalario.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta