Ferido o condutor dun vehículo que se saíu da vía na A-6, en Abegondo

O propio implicado explicou que o coche debeu perder adherencia debido a unha bolsa de auga.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 01/12/2023 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

O condutor dun vehículo que se saíu da vía no quilómetro 573 da autovía A-6, ao seu paso por Mabegondo, no municipio coruñés de Abegondo, foi trasladado ao hospital.

Segundo informa o 112, circulaba en sentido Madrid cando perdeu o control do seu vehículo e acabou entre as árbores situadas á beira da autovía. Os xestores do 112 Galicia, ademais do alertador particular que deu aviso pasadas as 14,30 horas, puideron contactar co propio implicado, quen explicaba que o coche debeu perder adherencia debido a unha bolsa de auga.

No entanto, puido saír do vehículo polos seus propios medios e foi atendido polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac). Ademais dos profesionais sanitarios, interviñeron os axentes da Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.

Sala de operacións 112 Galicia
Sala de operacións 112 Galicia | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta