Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/12/2023 | Actualizada ás 16:53
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou esta semana aos usuarios da residencia municipal de Boimorto, onde lembrou que a Xunta impulsará o próximo ano un complemento universal de 1.200 euros ao ano ao Bono Coidado en Residencia, que chegará a 10.000 galegos. Segundo explicou a Consellería, Fabiola García fixo fincapé no "compromiso do Goberno galego por garantir que as persoas maiores reciban a atención especializada que necesitan preto das súas contornas habituais".
Por iso, detallou que ademais deste complemento universal tamén se porá a disposición das persoas que son coidadas nas súas propias casas unha axuda de 5.000 euros ao ano a través do Bono Coidado no Fogar. Neste sentido, a conselleira destacou que nos orzamentos do próximo ano 2024 recóllese un incremento do 18 % para a atención a maiores ata chegar aos 540 millóns de euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.